Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno non prevé o traspaso da AP-9 a Galicia tras as bonificacións

O Goberno non prevé o traspaso da AP-9 a Galicia tras as bonificacións

Di que "non ten encaixe" un cambio de titularidade  

Remarcou que as bonificacións históricas supoñen un esforzo a cargo dos Orzamentos Xerais do Estado

G24.gal 01/12/2021 20:53

A ministra de Transportes descarta polo momento o traspaso da AP-9 a Galicia. Di que non é compatible coas bonificacións que o Goberno aprobou hai uns meses para a autoestrada.

"É o ministerio quen paga esas bonificacións e polo tanto parece que ten difícil encaixe transferir a titularidade da autoestrada a Galicia con ese marco de bonificacións que asume o Goberno central", di a ministra Raquel Sánchez.

Remarcou que esas bonificacións históricas supoñen un esforzo moi importante a cargo dos Orzamentos Xerais do Estado e lembrou que outros gobernos prorrogaron concesións a autoestradas que “non estaban xustificadas” e que xeraron, dixo, "impactos negativos".

“O que estamos intentando facer, na medida en que temos posibilidades e na medida en que vaian chegando os prazos de finalización de concesión das autoestradas, é recuperalas, pero naquelas que non podemos recuperar, procedemos a aplicar as bonificacións”, declarou tamén a Ministra de Transportes.

Sobre o futuro modelo de financiamento destas vías, sinalou que o obxectivo final do ministerio é aplicar unha boa política de modelo de tarificación da rede viaria e tamén tentar corrixir eses desaxustes que se produciron polas prórrogas das concesións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos