Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno nega que España participase nas negociacións entre Edmundo González e o goberno de Maduro

O Goberno nega que España participase nas negociacións entre Edmundo González e o goberno de Maduro

Alberto Núñez Feijóo pide a destitución do embaixador español en Caracas e a dimisión do ministro de Exteriores

A Eurocámara recoñece a Edmundo González como presidente lexítimo de Venezuela

G24.gal 19/09/2024 20:34 Última actualización 19/09/2024 20:43

O lider opositor venezolano Edmundo González Urrutia reiterou este xoves que o réxime chavista o obrigou a recoñecer a vitoria de Maduro e a irse de Venezuela.

 "Fun obrigado a saír do meu país a causa de presións inenarrables e de ameazas extremas", dixo.

Desde Caracas desménteno.

Jorge Rodríguez, o presidente da Asamblea Nacional de Venezuela, fixo unha comparecencia pública e dixo: "El buscounos a nós, e non houbo ningún tipo de situación en que puidese sentirse violentado".

O presidente do Parlamento venezolano amosou as fotos do encontro, na sede da embaixada española e coa presenza do embaixador.

Para o Partido Popular é unha proba de que a diplomacia española está ao servizo do réxime chavista.

"O embaixador de Venezuela ten que ser substituído, o ministro de Asuntos Exteriores e o presidente do Goberno teñen que dar explicacións inmediatas", di Alberto Núñez Feijóo.

O Goberno desmárcase das relacións entre o líder opositor e o executivo de Maduro e nega coaccións a Edmundo González.

José Manuel Albares, ministro de Asuntos Exteriores, afirma: "España non ten absolutamente nada que ver con ningún tipo de negociación nin de documento subscrito entre Edmundo González e o Goberno de Venezuela".

O ministro esíxelle a Núñez Feijóo que desautorice o eurodeputado Esteban González Pons, que acusou o Goberno de, dixo literalmente, estar implicado no golpe de Estado en Venezuela. No PSOE piden a súa dimisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade