Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno mellorará a xubilación activa dos médicos de atención primaria

O Goberno mellorará a xubilación activa dos médicos de atención primaria

Poderán cobrar o 75 % da prestación e seguir traballando

O obxectivo é suplir a falta de profesionais nos centros de saúde

G24.gal 02/12/2022 07:48

O Goberno quere incentivar os médicos de atención primaria, os de familia e os pediatras, para que atrasen a xubilación e así solucionar algo o problema de falta de persoal nos centros de saúde.

Poderán seguir traballando e cobrar un 75 % da pensión de xubilación. Unha opción que ata agora só era posible para os facultativos da sanidade privada.

A medida anunciárona os ministros de Sanidade e da Seguridade Social. Queren que entre en vigor o antes posible e en principio manteríase durante tres anos.

Permitirán, ademais, un réxime de xubilación activa parcial, co 50 % da xornada.

O Goberno xa trasladou a proposta ás comunidades autónomas e tivo moi boa acollida, segundo explicou José Luis Escrivá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade