Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno traballa nun plan para mellorar a puntualidade do tren entre Vigo e A Coruña

O Goberno traballa nun plan para mellorar a puntualidade do tren entre Vigo e A Coruña

Os usuarios falan de atrasos case diarios e piden ampliar horarios e servizos e mesmo adiantar 10 minutos a saída de Vigo para poder chegar a tempo ao traballo a primeira hora

O Goberno central admite eses fallos de puntualidade e pídelle ao Adif unha maior coordinación

G24.gal 28/02/2023 14:45

Non se están cumprindo os tempos de viaxe en tren na liña Vigo-Santiago-A Coruña. Os atrasos son practicamente diarios, din moitos dos usuarios.

Os afectados deste traxecto de media distancia, o segundo con máis usuarios de España, piden ampliar horarios e servizos e mesmo adiantar 10 minutos a saída de Vigo para poder chegar en tempo aos seus destinos.

O Goberno central admite eses fallos de puntualidade e pídelle ao Adif unha maior coordinación. Din dende o Ministerio que xa traballan nun plan para mellorar esa puntualidade que aplauden os usuarios.

O Goberno galego pide concreción nese plan e seguen tamén reclamando ao Goberno central explicacións en relación á chegada dos trens Avril, que solucionarían, din, moitos dos problemas que ten Galicia en materia ferroviaria. Así o destacou a conselleira de infraestruturas, Ethel Vázquez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar