Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen a Djokovic en Australia antes de declarar ante o xuiz

Deteñen a Djokovic en Australia antes de declarar ante o xuiz

O número un do mundo terá que abandonar o país sen poder xogar o Aberto de Australia

Agárdase que os avogados de Djokovic presenten un recurso de urxencia

G24.gal 14/01/2022 09:03 Última actualización 00:00

O Goberno australiano anunciou que cancela o visado de Djokovic, así que, o tenista serbio terá que abandonar o país sen poder xogar o Aberto de Australia. A CNN adiantou na noite deste venres que detiveron o tenista despois de acudir a unha entrevista co Ministerio de Inmigración.

O ministro de Inmigración de Australia Alex Hawke exerceu o seu poder para cancelar o visado do número un do mundo. Di o ministro que se lle cancela o visado "por motivos de saúde e boa orde, sobre a base de que era en interese público facelo".

Agora, o normal é que os avogados de Djokovic presenten un recurso de urxencia. Hai que lembrar que Nole debería debutar no Aberto de Australia o próximo luns. Se ese recurso en xuízo rápido non prospera, Djokovic terá que abandonar Australia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar