Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno asegura a aprobación dos orzamentos tras o "si" de ERC

O Goberno asegura a aprobación dos orzamentos tras o "si" de ERC

A nova Lei audiovisual incluirá unha cota do 6 % en linguas cooficiais

O PDeCAT tamén apoiará as contas

O BNG decide absterse nos presupostos do Estado para 2022

G24.gal 23/11/2021 14:12

O Goberno xa ten a maioría necesaria para sacar adiante os presupostos. Esquerra Republicana pon os seus 13 deputados no bando do si despois de arrincarlle ao Goberno a garantía de que a futura lei audiovisual reservará o 6 % da súa oferta para producións en catalán, galego ou vasco.

Gabriel Rufián advertía que vixiarán o cumprimento do pacto durante a tramitación das contas na Cámara Alta. "ERC ten moitísima forza no Senado e tutelará estes acordos", dixo o voceiro republicano.

Con este acordo, e co tamén acadado cos catro deputados do PDeCAT, os presupostos suman 181 apoios, por riba da maioría absoluta.

A ministra de Facenda María Jesús Montero celebraba que "con excepción da dereita, o resto dos grupos fixo un esforzo por intentar o entendemento".

O BNG vaise abster porque o executivo non aceptou mellorar as partidas para o tren nin para tres xulgados de violencia de xénero e, sobre todo, pola falta de iniciativas sobre Alcoa.

"Se o PSOE e Podemos aceptasen incorporar a intervención pública de Alcoa, sería abondo para que o BNG votase a favor", admitía o deputado nacionalista Néstor Rego.

O acordo non só asegura as contas para 2022: fontes do Goberno tamén o ven como a garantía para esgotar a lexislatura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade