Cargando resultados...
Guadi Galego: "Pélago é o disco que me debía, é plural pero tamén íntimo"
Guadi Galego publica 'Pélago. Contos oníricos' un libro disco, ilustrado por María Maquieira
O mar, a amizade ou o amor forman parte dos nove temas intimistas do novo disco libro
Guadi continúa coa xira 'Sintese horizonte' mentres nace estoutro novo traballo
G24.gal
08/06/2025 11:30
Última actualización 05/06/2025 16:28
O mar, como a vida, leva e trae. Como os anos. Guadi Galego escribiu un disco, compuxo a música, tocouno ao piano e cantouno, pero en todo o proceso abriulle as portas a moita outra xente, e compartiuno. Un disco convertido nun espazo emocional, propio e colectivo. Un disco da infancia á madurez, da terra de Cedeira ao mar. Pélago. Contos oníricos o novo disco de Guadi Galego que nace do mar.