Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo esixe a Sánchez que se "renda" ante a democracia na manifestación contra as políticas do Goberno

Feijóo esixe a Sánchez que se "renda" ante a democracia na manifestación contra as políticas do Goberno

A manifestación á que asistiron milleiros de persoas este domingo en Madrid ten como lema "Mafia ou democracia"

O lider do PP reclámalle a Sánchez que convoque eleccións e engade que está listo para relevalo

Feijóo estivo arroupado nesta manifestación polos líderes autonómicos e tamén polo expresidente José María Aznar

O lider do PP, Alberto Núñez Feijóo, con Isabel Díaz Ayuso e o expresidente do Goberno José María Aznar. EFE/ Javier Lizón O lider do PP, Alberto Núñez Feijóo, con Isabel Díaz Ayuso e o expresidente do Goberno José María Aznar. EFE/ Javier Lizón
G24.gal 08/06/2025 09:31 Última actualización 08/06/2025 12:34

O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, logra unha participación multitudinaria na protesta deste domingo na  praza de España de Madrid contra as políticas do Goberno de Pedro Sánchez.  A de este domingo é a sexta manifestación que convoca contra o Goberno de Pedro Sánchez nos últimos dous anos e a primeira coa corrupción como eixo, xa que a amnistía motivou as cinco anteriores.

A manifestación ten como lema "Mafia ou democracia" e o presidente do PP fixera un chamamento a secundala para que prenda unha "rebelión cívica" contra a demolición "premeditada" do Estado de dereito que, ao seu xuízo, pretende realizar a dirección do PSOE.

Segundo o líder do PP, Sánchez "non urdiu só unha trama de corrupción", senón dúas, a outra "para tentar tapalo con chantaxes e ameazas mafiosas", en referencia á presunta "guerra sucia" dos socialistas contra a UCO.

Diante de miles de manifestantes, Alberto Núñez Feijóo, dixo estar listo para substituir ao presidente:

"España está preparada e eu estou listo. Só falta que Sánchez atope a coraxe para poñer as urnas e preguntar aos españois", dixo Feijóo.

No seu discurso diante dos manifestantes, o lider popular tamén lle esixiu a Sánchez que se "renda" ante a democracia.

 

"Réndase á democracia. Convoque eleccións, querémolas xa, porque ninguén lle votou para isto", clamou Feijóo

No discursotamñen se mostrou disposto a "liderar a revolución da decencia e a liberdade" e no que foi aclamado reiteradamente entre berros de "Sánchez, dimisión".

Manifestantes contra o Goberno de Sánchez este domingo en Madrid. EFE/Javier LIzón Manifestantes contra o Goberno de Sánchez este domingo en Madrid. EFE/Javier LIzón

Canda  Feijóo interviron desde a tribuna a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, e o alcalde da capital, José Luis Martínez-Almeida.

Feijóo estivo arroupado nesta manifestación polos líderes populares autonómicos e tamén polos expresidentes José María Aznar e Mariano Rajoy.

Alfonso Rueda, Diego Calvo e o presidente de Murcia, López Miras, na manifestación de Madrid Alfonso Rueda, Diego Calvo e o presidente de Murcia, López Miras, na manifestación de Madrid

As delegacións provinciais do PP fretaron autobuses para miles de militantes simpatizantes doutras comunidades

As delegacións territoriais do PP fretaron autobuses para que miles de militantes e simpatizantes do partido doutras comunidades autónomas  se manifesten cos madrileños.

Galegos na Praza de España de Madrid que acudiron á manifestación do PP contra o Goberno Galegos na Praza de España de Madrid que acudiron á manifestación do PP contra o Goberno

Feijóo convocou a primeira manifestación contra Sánchez en setembro de 2023: as outras manifestacións

Feijóo está á fronte do PP desde abril de 2022 e convocou a primeira protesta contra o Goberno de Sánchez en setembro de 2023, cando o líder socialista gobernaba en funcións e negociaba un acordo parlamentario con Junts, que congregou a 40.000 persoas segundo a Delegación do Goberno e 60.000 segundo o partido.

Máis numerosa foi outra manifestación contra a amnistía en novembro dese ano, na Porta do Sol, na que o PP convocou xunto a outros partidos, como Vox, mentres foi bastante menos secundada a terceira, en decembro, no templo de Debod.

No mesmo escenario que hoxe, na praza de España, tivo lugar a cuarta manifestación, tamén contra a amnistía, cando faltaban dous días para a súa primeira votación no Congreso, o 28 de xaneiro de 2024, con 45.000 participantes segundo a Delegación, que o partido elevou a 70.000, nun día asollado de inverno.

O 26 de maio de 2024 foi a quinta manifestación. Ista con menos paticipación foi na porta de Alcalá, en vésperas da aprobación definitiva da amnistía tras pasar a lei polo Senado; polo tanto hai máis dun ano que Feijóo non participa nunha manifestación contra o Goberno convocada polo PP. 

Os manifestantes comezaron a congregarse contra as 10 da mañá deste domingo na praza de España de Madrid Os manifestantes comezaron a congregarse contra as 10 da mañá deste domingo na praza de España de Madrid
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade