Publicador de contidos

Publicador de contidos

O BNG decide absterse nos presupostos do Estado para 2022

O BNG decide absterse nos presupostos do Estado para 2022

Néstor Rego di que o Goberno perdeu unha oportunidade de "tratar con xustiza a Galicia"

O Bloque estaba disposto a dar o seu voto a cambio da intervención de Alcoa

G24.gal 23/11/2021 11:48

O Bloque Nacionalista Galego anunciou este martes que non vai apoiar o proxecto de orzamentos xerais do Estado de 2022 e vaise abster polos incumprimentos dos compromisos pactados co Goberno para a investidura, nin en materia ferroviaria, nin en canto á creación de xulgados de violencia de xénero, nin tan sequera con Alcoa.

O deputado Néstor Rego advertiu, durante o debate do ditame de orzamentos no pleno do Congreso este martes, que o Goberno perdeu unha oportunidade de "tratar con xustiza a Galicia".

Explicou que faltou acordo para impulsar servizos de mellora ferroviarios ou para dispoñer de máis recursos para combater a violencia machista, e puntualizou que mesmo se houbese unha intervención pública na empresa produtora de aluminio Alcoa na Coruña e Avilés o Executivo podería contar co seu apoio.

"Apoiariamos os presupostos xerais a cambio da intervención pública de Alcoa. Lamentablemente, o PSOE non estivo disposto a dar ese paso", dixo ante o Pleno do Congreso, Néstor Rego, asegurando que "se París ben vale unha misa, a actividade económica e os postos de traballo da Mariña ben valen o voto favorable do BNG".  

Na súa intervención ante o pleno do Congreso, que debate esta semana as novas contas públicas e as súas emendas, Rego asegurou negociar "ata esta mesma mañá" co Executivo. "Lamentablemente, o resultado é decepcionante", dixo, recriminando ao Goberno que non fixese "un esforzo real".  

"O BNG non vai votar a favor, non podemos facelo en coherencia coa defensa dos intereses de Galicia", resumiu, asumindo que non conseguiu "avances significativos" en mellora de infraestruturas ferroviarias, impulso de proximidade ou a creación de novos xulgados especializados en violencia de xénero para Lugo, Ourense e Santiago, un compromiso que se recolle no seu acordo co PSOE.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade