Publicador de contidos

Publicador de contidos

Igualdade ve "insuficiente" a lei contra a trata que o Goberno quere aprobar este martes

Igualdade ve "insuficiente" a lei contra a trata que o Goberno quere aprobar este martes

Igualdade pide permiso de residencia e de traballo para as vítimas aínda que non colaboren

O ministerio de Irene Montero segue traballando no texto a pesar de que o presidente anunciou que se aprobará este martes

"É unha lei para avanzar na loita contra as mafias que traballan con mulleres, con homes, sobre todo con nenas e nenos", engadiu o presidente do Goberno

G24.gal 28/11/2022 14:30 Última actualización 28/11/2022 19:20

O ministerio de Igualdade considera "insuficiente" o anteproxecto da lei integral contra a trata deseñado polo Ministerio de Xustiza.

O departamento de Irene Montero asegura que segue traballando no texto. E iso a pesar de que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou que a norma será aprobada este martes polo Consello de Ministros.

Fontes do Ministerio de Igualdade ven "imprescindible" incluír na lei a posibilidade de que as vítimas de trata e explotación sexual que sexan identificadas e estean en situación administrativa irregular accedan a un permiso de residencia e de traballo e reciban atención social integral sen necesidade de colaboración policial ou de denuncia.

O departamento que dirixe Irene Montero ve tamén necesario que o proceso de acreditación das vítimas inclúa ás organizacións que están a pé de rúa e que tratan habitualmente con elas e pide que a Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero sexa considerado organismo competente na loita contra todas as formas de trata.

"A proposta de Xustiza que actualmente se segue negociando é insuficiente e non responde ao demandado polos organismos internacionais", ao convenio de Varsovia contra a trata ou ás demandas expostas en numerosas ocasións polas entidades expertas en atención a vítimas de trata e explotación sexual", din fontes de Igualdade.

"Desde Igualdade seguimos traballando para que o texto conte coa maior garantía para que se protexan os dereitos das vítimas de trata e explotación sexual", insisten.

O obxectivo inicial de Igualdade era aprobar unha lei específica contra a trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual, pero Xustiza apostou por unha lei integral e encargou o seu deseño á Comisión Xeral de Codificación, organismo consultivo do Ministerio que dirixe Pilar Llop.

"É unha lei para avanzar na loita contra as mafias que traballan con mulleres, con homes, sobre todo con nenas e nenos, e por tanto un paso máis para avanzar na dignidade do noso país, das súas xentes, combatendo unha realidade insoportable en pleno século XXI", dixo o presidente Sánchez.

A aprobación en Consello de Ministros do anteproxecto da lei de trata, no que traballaron os ministerios de Xustiza, Igualdade, Interior e Inclusión, atrasouse nas dúas anteriores semanas, primeiro polo positivo en covid-19 da titular de Xustiza Pilar Llop e logo polo debate no Congreso dos orzamentos de Xustiza para 2023.

A secretaria de Estado de Igualdade Ángela Rodríguez asegurou recentemente que se despexou un dos últimos escollos e que as vítimas de trata non estarán obrigadas a denunciar para ser "titulares de dereitos".

Segundo explicou, crearase un "mecanismo nacional de derivación" das vítimas, que desde un primeiro momento serán identificadas polas forzas e corpos de seguridade do Estado.

Esa identificación, engadiu, "dará acceso a permisos temporais e definitivos de traballo e residencia".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade