Cargando resultados...
O Goberno aproba axudas de 300 millóns de euros a agricultores pola alza dos fertilizantes
O Goberno aproba axudas de 300 millóns de euros a agricultores pola alza dos fertilizantes
Luis Planas agarda que esta axuda se reflicta no prezo dos alimentos
G24.gal
31/01/2023 14:39
O Goberno aprobou unha partida de axudas directas aos agricultores para paliar o aumento dos prezos. Son 300 millóns de euros para a compra de fertilizantes no sector primario, xa que esta é a partida que mantén o maior encarecemento dende o inicio da guerra de Ucraína.
O ministro de Agricultura confía en que a axuda contribúa a manter o volume das colleitas e se traduza nun abaratamento da cesta da compra.
"Isto terá na cadea alimentaria un reflexo no consumidor final. O gasto en fertilizantes sitúase en España nuns 2.000 millóns de euros anuais, esta axuda de 300 millóns ven constituír un 15% do conxunto do gasto dos agricultores", explicou Luis Planas.