Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno adxudica 7 millóns a cinco proxectos de transición xusta nas Pontes, Cerceda e Ferrol

O Goberno adxudica 7 millóns a cinco proxectos de transición xusta nas Pontes, Cerceda e Ferrol

As empresas beneficiadas por estas axudas crearán 96 postos de traballo, que deberán manter durante polo menos tres anos

G24.gal 01/07/2024 16:36

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico adxudicou axudas por un importe de 37,9 millóns de euros a 38 proxectos empresariais xeradores de emprego en zonas de transición xusta, segundo recolle a resolución do Instituto para a Transición Xusta (ITX). Do total, sete millóns van para cinco proxectos nos municipios coruñeses das Pontes, Cerceda e Ferrol.

En detalle, a construción dunha planta de fabricación de biocombustibles mediantes aceites e graxas residuais en Cerceda, impulsada por Galicia Biowaste, recibe 2,6 millóns de axuda (un investimento total de 11,6 millóns). Prevé a creación de 40 empregos.

Tamén en Cerceda, outro proxecto será a posta en marcha dunha instalación de valorización de residuos de papel e cartón, que promove Naturea Mediambiente. Recibe unha axuda de medio millón de euros (investimento total de 3,6 millóns). Creará 15 postos de traballo.

Nas Pontes, a ampliación da residencia de maiores da Magdalena, do Grupo Instituto Xerontolóxico, recibe 258.000 euros (investimento total dun millón). Supoñerá crear 11 empregos e con 44 a manter.

Tamén nas Pontes concédense 560.000 euros (investimento total de 2,7 millóns) a ampliación de instalacións de empresa de caldeiraría e estruturas singulares, de Prometal Tecnolóxica e Innovación. Son cinco empregos a comprar e 23 a manter.

En Ferrol, o Ministerio concede tres millóns (investimento de 21,7 millóns) para a instalación dunha planta de gasificación-pirólise para a valorización de residuos, un proxecto de Valogreene Recinor. Creará 25 empregos.

Con todo, foi desestimado en Ferrol unha ampliación de empresa de xestión de residuos coa instalación dunha nova liña de produción de materias primas circulares, de Recinor Xestión de Residuos.

As axudas, outorgadas mediante un procedemento de concorrencia competitiva, permitirán canalizar un investimento total de 202,8 millóns e xerar máis de 700 postos de traballo en toda España.

A súa aceptación inclúe o compromiso dos beneficiarios de crear emprego e mantelo un mínimo de tres anos, segundo explicou o departamento dirixido por Teresa Ribera.

Este compromiso, de acordo con os proxectos, traduciuse nun total de 725 postos de traballo, dos que o 36 % serán femininos e o 21 % xuvenís, contribuíndo á fixación de poboación en contornas rurais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade