Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno achegará 5,2 millóns a Green Umia, o mellor proxecto de renovables de España

O Goberno achegará 5,2 millóns a Green Umia, o mellor proxecto de renovables de España

O delegado do Goberno en Galicia visitou a fábrica de Foresa, que impulsa a iniciativa xunto con Iberdrola

Green Umia producirá 2.900 toneladas anuais de metanol verde a partir de 2025

G24.gal 12/01/2023 15:01

O Executivo incluíu Green Umia na primeira convocatoria dos Proxectos Estratéxicos de Enerxías Renovables, que se financiará con 5,2 millóns de euros. A de Caldas de Reis será unha das tres plantas de hidróxeno verde que se instalarán en Galicia, xunto coas das Pontes e Vigo.

Para o delegado do Goberno este proxecto demostra que o plan de recuperación crea emprego de calidade e garante a transición enerxética. 

"Quixemos coñecer de primeira man o traballo que están realizando e poñer en valor a axuda que dentro do PERTE de renovables recibiron para un proxecto valorado tecnicamente como o mellor de España", dixo Miñones.

O proxecto, impulsado por Iberdrola e Foresa, empresa do grupo Finsa, aspira a converter Galicia en líder do metanol verde en España. Declarada iniciativa empresarial prioritaria pola Xunta, busca reducir as importacións de metanol integrando na mesma localización a produción e o uso industrial do hidróxeno verde.

A planta de Caldas suporá un investimento de máis de 40 millóns de euros e prevé unha produción dunhas 2.900 toneladas anuais de metanol a partir de xullo de 2025. Isto suporá a redución dunhas 58.000 toneladas de CO2 durante a súa primeira década de funcionamento. Green Umia xerará 37 postos de traballo directos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar