Publicador de contidos

Publicador de contidos

O glaucoma, a primeira causa de cegueira no mundo, é unha enfermidade silenciosa

O glaucoma, a primeira causa de cegueira no mundo, é unha enfermidade silenciosa

Os oftalmólogos lembran a importancia de facer cada ano un control da tensión ocular

G24.gal 02/03/2026 13:54

É unha das principais causa de cegueira no mundo, pero non dá síntomas ata que os danos son xa irreversibles. Vaise pouco a pouco perdendo campo visual: primeiro, o que se denomina visión periférica. Pero ao ser moi gradual, o paciente pode non decatarse. Por iso din do glaucoma que é unha enfermidade silenciosa.

Hoxe en Santiago, os oftalmólogos saíron á rúa para facer revisións gratuítas e para lembrarnos que debemos tomar a tensión ocular unha vez ao ano.

"O glaucoma é o dano no nervio óptico que se produce polo aumento da tensión ocular. Podemos ter dano no nervio porque esa tensión vén de moito tempo atrás. Por iso é tan importante a revisión anual, porque neste tipo de enfermidades tan silenciosas, onde non hai síntomas aparentes, cando se detectan pode ser bastante tarde", explicou Augusto Gómez Carnero, oftalmólogo en Miranza Instituto Gómez Ulla.

O incremento da tensión ocular determínao a xenética, así que o que hai que facer son revisións para detectala a tempo. Porque coidarse neste caso pasa por "mirarse" cada ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade