Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fran Beltran xa é de forma oficial novo xogador do Girona

Fran Beltran xa é de forma oficial novo xogador do Girona

O xa ex xogador do Celta asina un contrato ata xuño de 2030 co conxunto catalán

Di adeus ó equipo vigués despois de xogar 260 partidos oficiais entre todas as competicións

@GironaFC @GironaFC
G24.gal 20/01/2026 22:16

Fran Beltrán é novo xogador do Girona. As negociacións levadas entre o club catalán e o Celta chegaron a bo porto é o que foi un dos capitáns dos célticos as últimas temporadas di adeus a Vigo despois de 8 campañas defendendo as cores dos celestes. Beltrán deixa o Ceta descontento coa súa participación no campo esta presente temporada pero cuns rexistros históricos: 260 partidos oficiais coa camisola do Celta, 240 deles en liga, converténdose no terceiro xogador histórico do equipo olívico en números de partidos disputados na máxima categoría do fútbol español, soamente por detrás de Iago Aspas e Hugo Mallo.

O medio centro asina por catro temporadas e media co conxunto gironí onde se reencontrará con Michel Sánchez o adestrador que o fixo debutar no fútbol profesional cando coincidiron no Raio Vallecano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade