Publicador de contidos

Publicador de contidos

O galego Dro anuncia a súa marcha do Barcelona

O galego Dro anuncia a súa marcha do Barcelona

O xogador quere ter máis minutos

Fixo 18 anos esta semana

Borussia, Manchester City e PSG posibles destinos

G24.gal 17/01/2026 09:24 Última actualización 17/01/2026 17:36

Dro comunicoulle na mañá deste venres a Flick a súa intención de non continuar no Barcelona. O rapaz de Nigrán ten intención de pagar a cláusula de seis millóns de euros que ten e asinar por un club importante de Europa.

Desde a Cidade Condal aseguran que o Manchester City de Guardiola, o Bourussia Dortmund e o PSG de Luís Enrique serían os principais candidados. A Luís Enrique preguntárolle onte, en conferencia de prensa, e preferiu non contestar, aínda que desde Francia apuntan a que xa existe un "acordo verbal".

A saída de Dro estaría motivada polo seu desexo de ter máis minutos, máis oportunidades. Dro debutou na Liga o 28 de setembro, fronte á Real Sociedade e, desde ese día, rexistrou cinco partidos entre todas as competicións.

Dro acaba de facer 18 anos o día 12 deste mes, cando regresaba co Barcelona de xogar a Supercopa en Arabia.

Na mañá deste sábado, mentres se intensificaban os rumores da súa marcha a París, compareceu na sala de prensa o técnico do Barça, Hansi Flick, visiblemente molesto co tema. Flick asegurou que para estar no Barça había que dar e sentilo ao 100 %. E, en palabras textuais, engadiu: "Non quero falar sobre isto. Como adestrador, dáslles confianza para que medren, para que melloren... Pero logo teñen xente ao lado que... Así que vou tomar distancia e se quere marchar, pois vale... Iso sí, si ao final, marcha xa me preguntades, pero agora non". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade