Publicador de contidos

Publicador de contidos

O G7 e a OMS piden que se vacine os países máis pobres

O G7 e a OMS piden que se vacine os países máis pobres

A OMS advirte de que a probabilidade de que a nova cepa se estenda por todo o planeta é moi alta

Os ministros de Sanidade dos sete países máis ricos do mundo acordaron facer unha fronte común

G24.gal 29/11/2021 21:28


A nova variante esténdese por Europa, e en Portugal xa se detectaron 13 contaxios de ómicron nun club deportivo. Ademais confirmouse a existencia de casos noutros nove países e hai algún outro en estudo que podería ser tamén da variante ómicron.

A Organización Mundial da Saúde advirte de que a probabilidade de que a nova variedade se estenda por todo o planeta é moi alta, o cal supón un risco elevado de que a incidencia global se dispare. A OMS dá practicamente por seguro que a variante ómicron dará lugar a novas vagas da pandemia.

Xuntanza urxente do G7 en Londres

Os países do G7, reunidos este luns, tamén se comprometen a traballar xuntos para intentar frear o avance da variante ómicron.

Nesa xuntanza urxente os ministros de Sanidade dos sete países máis ricos do mundo acordaron facer unha fronte común para intentar minimizar o impacto da variante surafricana.

Comprométense a intercambiar toda a información posible e a establecer protocolos de traballo conxuntos para frear a expansión do virus.

O G7 advirte que a nova variante require de medidas urxentes, posto que representa un risco global moi alto que podería ter consecuencias graves nalgunhas áreas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade