Publicador de contidos

Publicador de contidos

O foro 'A Galicia que vén' repasa a situación da economía galega

O foro 'A Galicia que vén' repasa a situación da economía galega

As empresas reclaman seguridade xurídica para seguir creando emprego e riqueza

G24.gal 12/04/2023 14:43

Un terreo axeitado para poder xogar. Din as empresas galegas que están preparadas para seguir creando riqueza e emprego e reclaman certeza e seguridade xurídica para poder facelo.

"Desexariamos ter moitas empresas do nivel que moitas veces o Goberno expón publicamente á sociedade poñéndoas en cuestión. As ocorrencias dos últimos tempos non van na dirección axeitada", di Juan Manuel Vieites, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pedía que non se "satanicen" os empresarios que crean emprego e lembrou que necesitan seguridade xurídica e facilidades para poder xerar riqueza. 

O foro 'A Galicia que vén' fai un repaso polos distintos sectores económicos da nosa comunidade. Empresas de futuro como Aeromedia. Os seus drons dan resposta ás necesidades de clientes repartidos por todo o mundo. A aposta de Galicia polo sector aeroespacial estalle permitindo duplicar o seu negocio.

"Galicia provoca envexa no resto de España. A aposta que está facendo no polo de Rozas arredor dos drons está atraendo empresas tractoras como Airbus o Indra que fan de motor sobre as empresas máis pequenas", explica Aquilino Abeal, director xeral de Aeromedia.

E piden non perder de vista o sector primario para asegurar o futuro do rural e a soberanía alimentaria.

"É importante que a soberanía alimentaria estea na man de produtores de aquí porque podemos atoparnos nunha situación coma a dos microchips. Sen microchips podemos vivir, sen comida, non", sostén Carmen Lence, conselleira delegada do Grupo Lence.

Os empresarios lembran a importancia de axilizar infraestruturas coma o Corredor Ferroviario do Noroeste para poder dar saída ás mercadorías cara a Europa en 2030.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar