Publicador de contidos

Publicador de contidos

A First Lego League reúne en Ferrol máis de 300 participantes

A First Lego League reúne en Ferrol máis de 300 participantes

Búscase espertar vocacións na ciencia e na tecnoloxía

G24.gal 04/03/2023 14:29 Última actualización 04/03/2023 14:50

O campus industrial de Ferrol acolle a novena edición da First Lego League, unha competición internacional na que participan algo máis de 300 escolares.

Teñen entre 5 e 16 anos e proceden de toda Galicia. Divídense en 44 equipos, de tres categorías, e deben resolver problemas do mundo real, relacionados coa reciclaxe, a educación ou as enerxías renovables.

O obxectivo é espertar vocacións tecnolóxicas e científicas entre a cativada, que tamén aprende a traballar en equipo e a comunicarse.

Os equipos gañadores participarán na final nacional que se celebrará a última fin de semana deste mes na Universidade Politécnica de Cartaxena.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade