Publicador de contidos
Publicador de contidos

O FICBUEU pon en marcha unha residencia para mozos cineastas

O FICBUEU pon en marcha unha residencia para mozos cineastas

A guionista de As bestas titoriza en Ons os guións de catro novos directores

Ata agora o Festival de Curtas de Bueu estaba centrado na exhibición e difusión das curtametraxes, e agora entra de cheo no proceso de produción e guión

G24.gal 10/10/2023 13:21

Ons, da que Mörling documentou nos anos 70 a vida dos colonos; esa paisaxe de beleza implacable que vimos en 2020 na peli de Zarauza. A illa volve acoller agora un proxecto de cine.

De escenario pasa a laboratorio, porque catro mozos guionistas destilarán aquí os seus guións titorizados por Isabel Peña. Tras o Goya con Sorogoyen, polo guión de As Bestas, a guionista volve a Galicia. Ela mesma participou na última fase da selección dos guións e guinistas das curtametraxes que agora axudará a nacer.

"Hai neles un gran amor por esas historias, que se nota en como están escritas, pero tamén vin unha posibilidade de, quizais, inda da man poidamos chegar a outros lugares, un pouco máis lonxe do que chega o que está escrito agora mesmo no papel", dixo Isabel Peña, guionista e formadora na residencia do FICBUEU .

Terán xuntos una semana para examinar, pulir, explorar o guión, nun contorno único. O FICBUEU dá así un novo paso no apoio ás curtametraxes pasando da difusión á produción. 

"Agardamos que durante esta semana poidan mellorarse os proxectos coa idea de que poidamos ter esas películas nas pantallas", desexou Manuel Pena, codirector do FICBUEU.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar