Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Festival Atlántica levará a narración oral a 33 concellos de toda Galicia

O Festival Atlántica levará a narración oral a 33 concellos de toda Galicia

A cita reunirá medio cento de artitas de España, Portugal e Colombia entre o 26 de xuño e o 10 de xullo 

Presentación del festival Atlántica de narración oral (Remitida/Handout por Javier Albor Estudio Fotogr/Europa Press) Presentación del festival Atlántica de narración oral (Remitida/Handout por Javier Albor Estudio Fotogr/Europa Press)
G24.gal 15/06/2026 13:50

O Festival Atlántica de narración oral celebrará a súa décimo cuarta edición entre o 26 de xuño e o 10 de xullo cun programa que chegará a 33 concellos galegos e reunirá medio cento de artistas procedentes de Galicia, Portugal, España e Colombia.

A directora do certame, Sole Felloza, destacou na presentación o crecemento do número de sedes, e asegurou que a expansión do festival mostra a boa saúde dunha disicplina artística que segue gañando público. 

A programación desenvolverase en 62 espazos diferentes, entre eles paraxes naturais, cotornas urbanas e lugares de gran valor patrimonial. O cartel combinará voces consolidadas da narración oral con novas propostas emerxentes. 

O festival incluirá tamén actividades arredor da figura de Ramón Otero Pedrayo, coincidndo con 50 aniversario do seu falecemento, e unha lectura pública de textos de Begoña Caamaño. Ademais, a Cornamusa de Honra será para a pofesora e investigadora Camiño Noia polo seu labor na difusión don conto popular e da tradición oral galega.

A organización destacou tamén a presenza de espectáculos adaptados para persoas con autismo ou discapacidade visual, reforzando a apota do certame pola accesibilidade e a inclusión. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade