Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Fabril gaña a Terceira División e ascende a 2ª RFEF

O Fabril gaña a Terceira División e ascende a 2ª RFEF

Derrotou o Barco na última xornada cun gol de Mella

G24.gal 23/04/2023 19:06

O Fabril ascendeu a 2ª Federación despois de gañar por 0-1 diante do Barco. Dependía de si mesmo e conseguiu gañar o partido grazas a un gol do xuvenil Mella. 

O Barco, xa descendido, principiou moi ben o partido xerando moitas ocasións. Conforme pasaban os minutos, o Fabril, coñecedor da derrota do Arousa, foi acougando e achegándose con perigo á porta local. 

No segundo tempo Mella marcou no minuto 66. A partir dese intre xa non houbo oportunidades nin achegamentos. O Fabril aguantou e festexou o ascenso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade