Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Fabril fai os deberes e seguirá na Segunda Federación

O Fabril fai os deberes e seguirá na Segunda Federación

Complicouse a permanencia co gol do Oviedo, pero antes do descanso Diego Gómez e Nájera marcaron os tantos que deixaron a permanencia na man

G24.gal 05/05/2024 14:28

O Fabril continúa na Segunda Federación logo de gañar no campo do Oviedo Vetusta. Precisaba un empate pero non quixo deixar lugar a dúbidas coa vitoria por 1-2. 

E iso que empezou perdendo. O tanto de Santi Miguélez no minuto 30 complicaba a permanencia fabrilista. Antes do descanso chegaron as dúas accións de penalti que marcarían o partido. No primeiro, cartón amarelo para o porteiro Egboh e gol de Diego Gómez. 

Na seguinte xogada Egboh volveu a ser amoestado logo de derrubar a Kevin. O árbitro expulsouno pero Nájera fallou o penalti. A sorte para o Fabril foi que no saque do córner o propio dianteiro rioxano atinou para poñer o segundo gol. 

Co traballo feito apenas houbo ocasións na segunda metade. Os de Gilsanz deixaron pasar os minutos facendo fincapé no traballo defensivo e acadaron o obxectivo da permanencia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos