Cargando resultados...
O expolicía Eric Adams será o novo alcalde de Nova York tras vencer con clariade nas eleccións municipais
O expolicía Eric Adams será o novo alcalde de Nova York tras vencer con clariade nas eleccións municipais
Converterase o próximo mes de xaneiro no segundo alcalde negro que ten a cidade

G24.gal
03/11/2021 08:41
O expolicía Eric Adams será o novo alcalde de Nova York tras vencer con clariade nas eleccións municipais que se celebraron onte.
O candidato demócrata, de 60 anos, converterase o próximo mes de xaneiro no segundo alcalde negro que ten a cidade. Segundo os primeiros prognósticos, este excapitán da policía de Nova York, lograría arredor do 70 % dos votos. Adams prometeu ser contundente contra a inseguridade.