Publicador de contidos

Publicador de contidos

O exnúmero dous de Interior nega que ordenara unha investigación sobre Bárcenas

O exnúmero dous de Interior nega que ordenara unha investigación sobre Bárcenas

Francisco Martínez comparece como imputado na Audiencia Nacional no xuízo polo caso Kitchen

A Fiscalía pide para el 15 anos de cadea

Fernando Sánchez/Europa Press Fernando Sánchez/Europa Press
G24.gal 28/05/2026 12:33

O que foi secretario de Estado de Seguridade entre 2013 e 2016, Francisco Martínez, negou no xuízo do caso Kitchen que ordenara investigar o extesoureiro do PP Luis Bárcenas. 

Martínez accedeu a contestar unicamente as preguntas do seu letrado. Cando Pedro Colina lle preguntou: "Ordenou algunha investigación policial sobre Bárcenas?", o seu cliente respondeu: "Non, xamais, xamais, nunca ordenei investigacións sobre nada".

Kitchen, unha denominación "xornalística"

Durante case unha hora de interrogatorio, o exnúmero dous de Interior explicou que foi o exministro Jorge Fernández Díaz o primeiro en preguntarlle por Sergio Ríos, o confidente da Policía que actuaba como chofer para supostamente espiar a Luis Bárcenas.

Negou que ordenara o pago a conta dos fondos reservados do ministerio a Ríos. "Xamais autoricei o pago a nada que non fose a cifra global", dixo.

O exsecretario de Estado negou tallantemente coñecer a existencia dunha operación denominada Kitchen. Iso de operación Kitchen é unha denominación xornalística", indicou.

Sobre as gravacións do extesoureiro, Martínez dixo que se falaba ao respecto na prensa e que el percibía que aquelas informacións xornalísticas non eran cribles e xamais percibiu "ningunha preocupación" e o ministro "xamais lla transmitiu". Martínez aínda pensa, dixo, que as gravacións non existen.

O exnúmero dous de Interior negou ademais que recibise unha copia do clonado dun móbil de Bárcenas, rexeitando así o que dixo na fase de instrución o comisario Enrique García Castaño.

A Audiencia Nacional encara este xoves a recta final desta vista oral na que se axuiza unha presunta operación parapolicial para espiar o extesoureiro do PP entre 2013 e 2015 e subtraerlle documentación que puidese resultar incriminatoria para o PP, cando se investigaban os casos Gürtel e a caixa B.

Tras a declaración de Francisco Martínez está previsto que declare tamén este xoves Fernández Díaz, ambos enfrontanse a peticións de 15 anos de cárcere por parte da Fiscalía. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade