O exministro Cristóbal Montoro deixa o PP tras a súa imputación
O Partido Popular comunicou este xoves a decisión de Montoro de renunciar á súa condición de afiliado
O Comité de Dereitos e Garantías acordou deixar en suspenso o procedemento de información que abrira onte á tarde tras facerse pública a imputación do exministro

O PP anuncia que o exministro Montoro deixa o PP tras a súa imputación. O Partido Popular comunicou esta mañá a súa decisión de deixar a súa condición de afiliado do Partido Popular, segundo indicaron fontes da formación.
O PP sinalou ademais que o Comité de Dereitos e Garantías do partido decidira onte á noite a apertura dun procedemento de información relacionado con este caso. Segundo engadiu, ese procedemento queda agora en suspenso.
A baixa do exministro prodúcese un día despois de que un xuíz de Tarragona imputara o exministro de Facenda por presuntamente aproveitarse do seu cargo para aprobar diversas leis que beneficiaban empresas de gases industriais clientes dun despacho de avogados, Equipo Económico (EE), que fundara o ministro antes de entrar no Goberno, segundo consta nun auto.
Na trama están involucradas 28 persoas e seis persoas xurídicas pola presunta comisión de sete delitos: suborno, fraude contra a administración pública, prevaricación, tráfico de influencias, negociacións prohibidas, corrupción nos negocios e falsidade documental.