Publicador de contidos

Publicador de contidos

O euríbor encadea 16 meses consecutivos de alzas e pecha abril no 3,757 %

O euríbor encadea 16 meses consecutivos de alzas e pecha abril no 3,757 %

Neste periodo unha hipoteca de 300.000 euros a tipo variable encareceuse nuns 579 euros mensuais

Os pisos e as vivendas experimentan a suba do euribor Os pisos e as vivendas experimentan a suba do euribor
G24.gal 28/04/2023 14:28

O euríbor a doce meses, o indicador máis utilizado en España para calcular as cotas das hipotecas, avanza de novo en abril e pecha nunha taxa media do 3,757 %, co que encadea dezaseis meses consecutivos de ascensos.

O valor medio mensual do euríbor, o usado para revisar as hipotecas, terminou o mes nese 3,757 %, superior ao 3,647 % de marzo, o que supón unha alza de 110 puntos básicos. Con todo, o incremento é menos pronunciado que o rexistrado o mes previo, cando foi de 113 puntos básicos.

Neste sentido, o director de Hipotecas do comparador e asesor hipotecario iAhorro, Simone Colombelli, precisou que no que vai de ano, viuse un crecemento do euríbor máis atenuado, aínda que a previsión é que siga así polo menos ata que alcance o 4 %.

En relación a se o euríbor podería estar preto dun período de estabilización, explica que "chegará", e que "podería estar preto", pero o máis probable é que primeiro o indicador alcance niveles do 4 %, un valor que se podería ver xa nos datos diarios de maio ou na media de xuño.

Ademais, en declaracións a EFE, o director de investimentos en ATLCapital, Ignacio Cantos, explicou que durante abril, o euríbor subiu de forma consistente despois da volatilidade que se viviu en marzo tras a crise bancaria. "Un mes á alza", en que os investidores descontaron que o Banco Central Europeo (BCE) volverá subir os tipos de xuros, ante unha inflación persistente, sobre todo, a subxacente.

O feito de que o mercado desconte que os tipos se manterán altos por máis tempo provocou unha nova alza do indicador, segundo Cantos, que baralla unha subida do prezo do diñeiro de 50 puntos básicos na próxima reunión do BCE o 4 de maio. No caso da Reserva Federal de EUA (FED), o experto espera unha alza do 0,25 %, tamén a próxima semana.

Neste contexto, o euríbor volve ao ritmo de subidas que se viron freadas en marzo, tras a crise bancaria sufrida nos EUA e Europa. Unha crise que provocou unha forte caída do euríbor en taxa diaria, que chegou a tocar mínimos do ano no 3,22 %. Con todo, en abril, o euríbor volveu incrementar, e mesmo o pasado día 25, chegou a tocar en taxa diaria o 3,900 %.

Así, a taxa media do mes alcanza ese 3,757 %, moi superior ao 0,013 % que marcou en abril de 2022. Xusto ese mes, o indicador marcou a súa primeira taxa diaria en positivo tras seis anos por baixo de cero.

Desta maneira, as hipotecas variables que teñan que revisarse co dato deste abril de 2023 volverán incrementar. Como exemplo, para unha hipoteca dun importe medio de 150.000 euros un prazo de 25 anos e un euríbor mais uns xuros do 1 %, a cota ascende a 855,7 euros mensuais.

Respecto a abril de 2022, isto supón un encarecemento de 289 euros ao mes e 3.468 euros ao ano. No caso dunha hipoteca de 300.000 euros, cos mesmas condicións, o incremento será duns 579 euros mensuais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade