O saqueo dun camión cisterna faino estoupar e causa 60 mortos en Haití
Ocorreu de noite cando un cento de persoas roubaban o combustible do camión
Hai ducias de persoas hospitalizadas e decenas de casas incendiadas

Polo menos 60 persoas faleceron ao estoupar o camión cisterna que estaban saqueando esta noite no norte de Haití. O vehículo sufrira un accidente e quedara aparcado, momento que aproveitaron para roubar o combustible que transportaba.
Ducias de persoas resultaron feridas ca deflagración e permanecen hospitalizadas na segunda cidade do país, Cap-Haitien. Ante o seu elevado número, o Goberno xa anunciou que vai instalar hospitais de campaña para atendelos.
Os bombeiros, tras os rescates, están a avaliar o número de casas que se incendiaron ou quedaron danadas co estoupido.
Haití atravesa unha grave crise de desabastacemento de combustibles e coa suba dos impotos aos carburantes superior ao cen por cento que decretou o Goberno a semana pasada.