Publicador de contidos
Publicador de contidos

O estado de Nova York bate marcas de contaxios de coronavirus

O estado de Nova York bate marcas de contaxios de coronavirus

G24.gal 18/12/2021 18:40

Nova York volve estar no ollo do furacán grazas á variante ómicron. O cociente de tests positivos duplicouse en catro días ata máis de 21.000 no estado, a metade na Cidade dos Rañaceos. Unha nova marca de positivos.

Ademais, agora é difícil facer a proba polo exceso de demanda. As hospitalizacións tamén creceron, pero a menor ritmo que nas ondas anteriores de contaxios.

Polo de  agora, a gobernadora do estado, Kathy Hochul, reinstalou o mandato de levar máscara en interiores e baralla facer obrigatoria a dose de reforzo da vacina para entrar nos restaurantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade