O Español impugna o partido do Atlético e solicita a súa nulidade
O Español impugna o partido do Atlético e solicita a súa nulidade
Entende que coas imaxes que xulgou o VAR é "imposible determinar se a pelota entrou na súa totalidade"
O Español impugnará o último partido da Liga diante do Atlético e solicitará a súa nulidade. No comunicado contempla "accións legais adicionais" logo da polémica pola concesión do 0-2 de Griezmann validade tras consultar o VAR.
O club solicitou ao Comité Técnico de Árbitros que facilitara a imaxe na que se vira de xeito inequívoco que o balón pasou a raia de gol. A resposta foi que non era posible por mor do regulamento actual. O CTA confirmou que a imaxe foi a capturada pola 'spider cam' coa que o Español entende que é "imposible determinar se a pelota entrou na súa totalidade".
O club catalán asesgurou sentirse "prexudicado de xeito grave" e cualificou a actuación arbitral como neglixente. O erro dos responsables do VAR é "manifesto e flagrante" e pode xerar "irreparables prexuízos deportivos e económicos". Como precedente citou a decisión do Comité de Competición no "Caso Vinicius" no que considerou que a actuación do VAR era nesgada e propiciou o erro do árbitro.