Cargando resultados...
O Español acaba co soño do Celta xuvenil no último cuarto de hora
O gol de Armand no minuto 77 foi decisivo para o triunfo catalán (3-0)
G24.gal
13/04/2022 21:53
O Celta xuvenil podía meterse na final da Copa de Campións pero acabou perdendo por 3-0 diante do Español. Os goles chegaron no último cuarto de hora de partido. Armand fixo o primeiro e fabricou a xogada para que Luca anotase o segundo.
Co Celta emborcado chegou o terceiro marcado por Grabulosa. De todos os xeitos non empaña unha gran temporada desta xeracón de xogadores que só perderon dous partidos en todo o ano.