O escolta croata Roko Badžim, reforzo exterior para o Obradoiro
Ocupará o lugar de Rigoberto Mendoza, mentres se atopa de baixa
O Monbus Obradoiro chegou a un acordo co escolta croata Roko Badžim para reforzar ao equipo. Ocupará o lugar de Rigoberto Mendoza, mentres se atopa de baixa tras a lesión sufrida na fase clasificatoria para xogar a BCL, en Antalya.
O xogador, de 26 anos, chegará a Santiago de Compostela tras xogar, a tempada pasada, no Konyaspor turco, onde disputou 28 partidos, e promedió 11,7 puntos, 2,6 rebotes e 2,9 asistencias por partido.
Badzim, que mide 1,94 metros, militara anteriormente nas filas do Szolnok (Hungría), Olimpija Ljubljana (Eslovenia) e Sibenka (Croacia)
O director deportivo, Eduardo Pascual, explicou cales son as características do novo xogador obradoirista:
"Roko vén completar o equipo, con características deportivas diferentes a Mendoza. Xogador completo en ambas as partes da cancha. Adáptase ben ás diferentes posicións exteriores. A liga Endesa será un test importante para comprobar a súa progresión".
Moncho Fernández tamén valorou a fichaxe de Roko Badžim
"Necesitabamos un escolta, un xogador creador para suplir a baixa de Mendoza" "É aleiro. Ten experiencia en Europa"