Publicador de contidos

Publicador de contidos

Salvamento Marítimo explícanos o emocionante rescate de Malpica

Salvamento Marítimo explícanos o emocionante rescate de Malpica

Un mergullador accedeu ao interior da embarcación antes de comezar co rescate e comprobou que o tripulante seguía con vida

G24.gal 03/08/2022 18:15

Era ben entrada a noite cando o dispositivo de rescate de Salvamento Marítimo daba coa embarcación envorcada a 20 millas de Malpica.

Iniciábase así un rescate complicado polo mal estado do mar. Con todo o tripulante do barco era un experimentado home de mar, un francés de 62 anos que soubo reaccionar con sangue frío para manterse con vida.

Parecía imposible, pero lográrono. Un mergullador do operativo lanzouse á auga e coa embarcación afianzada accedeu ao interior do barco. Alí estaba o tripulante, 16 horas despois e con vida.

Un rescate contra o reloxo en que a burbulla de aire que se formou foi a clave. Para todo o operativo foi moi emocionante. Normalmente este equipo de mergulladores mobilízase cando non hai esperanza, pero desta vez, salvaron unha vida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar