Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ensino saca da pista o Leganés (85-60)

O Ensino saca da pista o Leganés (85-60)

Cun gran primeiro cuarto, o equipo de Lugo conseguiu a vitoria máis cómoda da temporada

G24.gal 04/12/2022 19:37

Chegaban o Ensino e o Leganés empatados con catro vitorias pero sobre a pista do Pazo só houbo un equipo. O equipo de Lugo gañou o partido máis cómodo da temporada (85-60). O primeiro cuarto resultou decisivo. O Ensino rozou a perfección tanto en ataque como en defensa (27-11) e conseguiu unha marxe que lle serviu para levar o encontro con moita comodidade. 

Xa no segundo cuarto as diferenzas marcharon por riba dos vinte puntos. No tempo de lecer o resultado marcaba un contundente 46-26. Á volta dos vestiarios o partido tivo un perfil pouco habitual co Ensino mantendo a diferenza e o Leganés tentando maquillar un pouco a derrota. 

Ane Olaeta e Blanca Millán fóronse ata os 15 puntos ben acompañadas por Lydia Giomi (13) e Lorena Segura (12). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar