Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Ensino e o Baxi loitan por meterse no playoff polo título

O Ensino e o Baxi loitan por meterse no playoff polo título

Os dous equipos afrontan a última xornada da fase regular da Liga Feminina dependendo delas

O Celta Baloncesto precisa gañar e que o Gran Canaria perda en Xirona para manterse na categoría

G24.gal 19/04/2024 16:17 Última actualización 19/04/2024 16:22

En Lugo e en Ferrol os obxectivos para a última xornada son os mesmos. O Ensino aspira a pechar unha tempada histórica entrando no playoff polo título.

Antonio Pernas "De momento dependemos de nós, estamos moi contentos e ilusionados".

Se cadran os números, o partido en San Sebastián chega con premio, pero tamén coas forzas moi xustas.

O Baxi Ferrol tamén quere meterse nesa oitava praza tan cobizada. O club ferrolán renovou onte o seu patrocinio tres anos máis e xa pensa en redondear a tempada.

Santiago Rey: "Soñar non custa cartos. A afección tamén soña con meternos no playoff".

O rival mañá será un Estudiantes coa praza para xogar o título xa asegurada. A vantaxe das de Lino López, a escasa presión.

O que non depende de sí para acadar a permanencia é o Celta Baloncesto. O dquipo de Cristina Cantero necesita que se den dous resultados. Só lles vale a vitoria diante do descendido Bembibre e que o Gran Canaria perda na pista do Xirona. Difícil combinación pero non imposible. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos