Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ensino derrotou o Araski nun axustadísimo final de partido (56-54)

O Ensino derrotou o Araski nun axustadísimo final de partido (56-54)

G24.gal 17/12/2022 21:48

O Durán Maquinaria Ensino sumou a sexta vitoria na liga feminina de baloncesto. Acadou un axustadísimo triunfo no Pazo dos Deportes fronte ao Araski.

Foi un triunfo con dedicatoria especial para Blanca Millán, lesionada esta semana de longa duración. A súa compañeira Alba Prieto colleu a remuda e foi a máxima anotadora con 20 puntos. Pero a acción decisiva chegou con empate no marcador, Margaret Raundtree anotou a canastra que valeu un triunfo a só un segundo do final do partido. O Ensino suma seis partidos gañados e outros tantos perdidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade