Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ensino certifica a salvación e complica o futuro do Baxi Ferrol

O Ensino certifica a salvación e complica o futuro do Baxi Ferrol

O equipo de Lugo demostrou o gran momento que pasa cun triunfo por 72-63

G24.gal 03/04/2022 19:45

O Ensino seguirá unha temporada máis na elite do baloncesto feminino español logo de gañar no derbi galego ao Baxi Ferrol. O equipo de Lino López complica moito o seu futuro porque segue a ocupar a última posición e ten un calendario moi duro nas tres últimas datas.

No primeiro tempo houbo moito desacerto (12-12) e no segundo o Ensino comezou a marcar diferenzas. O Baxi mandaba (20-21), pero nuns minutos de desconcerto permitiu que as locais se fosen no marcador (34-25 ao descanso). 

A vantaxe chegou a ser de 13 puntos (43-30) pero tocou a reacción ferrolá para entrar no último cuarto a só catro puntos (49-45). No último cuarto houbo unha tirapuxa (60-56) ata que o Ensino fixo un parcial de 7-0 que acabou por decantar o encontro. Ao final vitoria local por 72-63. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar