Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Emma Cuervo, cita coa pretemporada do Dépor na Televisión de Galicia

O Emma Cuervo, cita coa pretemporada do Dépor na Televisión de Galicia

O encontro xógase este mércores e poderá verse en directo a partir das 19:00 horas

G24.gal 05/08/2025 21:37

Deportivo e Real Oviedo xogan este mércores (19:00 horas, Televisión de Galicia e Agalega.gal) un clásico do verán galego como o Emma Cuervo. O trofeo que se xoga en Ribadeo leva disputándose desde 1952 e mantense fiel á súa cita. Terá un partido de primeiro nivel cun equipo de Primeira División, o asturiano, e un histórico e aspirante ao ascenso á máxima categoría como o Deportivo. 

Os dous equipos enfrontáronse neste mesmo torneo no ano 2016, partido que rematou con triunfo deportivista por 2-0. O Oviedo é un referente para o público de Ribadeo pois é o conxunto que máis veces xogou e gañou o galardón (17). O Deportivo, con 10 triunfos, está no segundo lugar por diante do Celta. 

Antonio Hidalgo seguirá preparando o equipo cara á temporada. Quédanlle dúas citas para pulir o cadro de xogadores. A outra será o sábado no Teresa Herrera nun partido que tamén veremos na Televisión de Galicia (21:00 horas).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar