Publicador de contidos

Publicador de contidos

O director xeral da OMS pide cancelar as celebracións do Nadal

O director xeral da OMS pide cancelar as celebracións do Nadal

"É mellor celebrar a vida mañá que celebrar hoxe e estar de loito mañá", dixo Tedros Ghebreyesus

G24.gal 21/12/2021 08:20

A Organización Mundial da Saúde confirmou que hai unha evidencia robusta de que as persoas vacinadas contra a covid-19 e aquelas que superaron a enfermidade poden contraer a variante ómicron.

O director xeral do organismo dixo que esta cepa circula máis rapidamente que as anteriores e pediu cancelar as celebracións do Nadal.

"É mellor celebrar a vida mañá que celebrar hoxe e estar de loito mañá", dixo Tedros Ghebreyesus.

O director xeral da OMS asegurou tamén que non hai que sacar conclusións precipitadas sobre a efectividade das actuais vacinas fronte á variante ómicron.

Publicidade
Publicidade
Publicidade