Publicador de contidos
Publicador de contidos

O director Joe Dante é o convidado de honra do Festival do Imaxinario de Vilagarcía

O director Joe Dante é o convidado de honra do Festival do Imaxinario de Vilagarcía

Dirixiu películas como os 'Gremlins', 'Piraña' ou o 'Chip prodixioso'

A programación inclúe o máis destacado do ano do cinema fantástico

Joe Dante
G24.gal 30/10/2021 14:15

Joe Dante é o convidado de honra do Festival do Imaxinario de Vilagarcía. Os seus filmes, como os Gremlins, Pirañas, Exploradores ou o Chip prodixioso, marcaron a imaxinación de toda unha xeración desde os anos 80.

"A miña xeración, os que temos entre 40 e 50 medramos con estas películas, é como volver á infancia", di un espectador. Outra maneira de facer cine e tamén de consumilo. En tempos de dominio das plaformas, o director estadounidense segue defendendo a experiencia de ver as peliculas nas salas.

"Creo que é unha experiencia colectiva. É unha das razóns polas que a miña xeración ama o cinema, nos tamén viamos peliculas na television, pero as salas teñen a emoción de ver as películas con mais xente e rir, chorar, berrar, todas estas cousas", explica Joe Dante.

"De feito moitos festivais están apostando por celebrarse en liña, e o que están facendo e afastar o seu propio público", explica Luis Rosales, Director do Festival do Imaxinario de Vilagarcía.

Joe Dante vai manter un encontro cos afeccionados a partir das 7:30 no Auditorio de Vilagarcía. Confesa que está encantado co recibimento do festival e da cidade. O único que lle preocupa é que con tanta chuvia os Gremlims acaben mollándose, porque despois pasa o que pasa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade