Publicador de contidos

Publicador de contidos

O dianteiro racinguista Álvaro Giménez, ferido leve nun accidente múltiple

O dianteiro racinguista Álvaro Giménez, ferido leve nun accidente múltiple

O futbolista será baixa o domingo ante o Eldense por problemas nas cervicais

G24.gal 23/02/2024 13:28 Última actualización 23/02/2024 13:36

Un aparatoso accidente, con sete vehículos implicados, ocorrido esta mañá na autoestrada ao seu paso por Pontedeume obrigou a despregar un amplo operativo na infraestrutura. E é que minutos antes das nove e media da mañá, seis coches e un autobús víronse implicados nunha colisión múltiple na AP-9, á altura do km 18, na parroquia de Vilar, mentres circulaban en dirección Ferrol.

O 112 mobilizou a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Betanzos, Policía Local de Pontedeume, Protección Civil e Urxencias Médicas. Desde o operativo indicáronlles catro persoas tiveron que ser atendidas ou trasladadas ao hospital. Entre elas Álvaro Giménez, dianteiro do Rácing de Ferrol, tal e como confirmou o club.

Desde a entidade sinalaron que se atopa ben, pero foi atendido por precaución. Ata o lugar mobilizouse o delegado do Racing, Manolo Mesa. O club confirma que será baixa por problemas cervicais.

O dianteiro ilicitano, un dos poucos xogadores do club que reside na Coruña, desprazábase cara a Ferrol para o adestramento matinal, que arrincaba ás 10:30 horas na Gándara. Ante o atraso, o corpo técnico púxose en contacto co xogador.

"Falei con el. Comentounos que está ben, que sufriu un accidente en cadea con varios coches".

"Ía cara ao hospital para ver se había algo máis. En principio el comentou que está ben!.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade