Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cristóbal non se fía do pechacancelas: "Poñen moito en xogo e levarannos ao límite"

Cristóbal non se fía do pechacancelas: "Poñen moito en xogo e levarannos ao límite"

O técnico do Rácing puxo en valor a regularidade do seu equipo

G24.gal 18/04/2024 17:51 Última actualización 18/04/2024 18:02

Cristóbal Parralo ten claro que nunca hai partido fácil e menos nunha Segunda División a lume vivo en que todos poñen algo en xogo. Por iso o preparador parte dunha premisa fundamental para que o Rácing logre sumar de tres, tras tres meses sen logralo, este sábado na Cerámica ante un Vilarreal B que xoga manter viva a chama da permanencia.

"Se non estamos concentrados, intensos e xogamos ao límite das nosas posibilidades é difícil e aínda así estou convencido de que vai ser un partido competido e que xa na primeira volta demostraron que teñen xogadores novos, con calidade e que teñen ganas", valorou o preparador.

"Poñen moito en xogo, igual que os de arriba. Levarannos ao límite. Temos que saber competir ao límite"

Cristóbal puxo en valor a regularidade do seu equipo ao longo do curso

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos