Publicador de contidos

Publicador de contidos

O desprendemento dunha rocha sobre varias lanchas nun lago no Brasil deixa polo menos 6 mortos

O desprendemento dunha rocha sobre varias lanchas nun lago no Brasil deixa polo menos 6 mortos

Hai unha vintena de desaparecidos

 

Caída da rocha sobre as lanchas Caída da rocha sobre as lanchas
G24.gal 08/01/2022 22:09

Unha enorme rocha dun cantil nun dos turísticos canóns do Capitolio na rexión de Minas Gerais, no Brasil, desprendeuse e golpeou cando menos dúas embarcacións de recreo no lago Furnas.

As primeiras informacións desde o lugar apuntan ao falecemento de seis persoas, e os bombeiros buscan unha vintena de desaparecidos. Tamén se investiga como se produciu o accidente, gravado desde outras lanchas que estaba na auga.

Os canóns do lago Furnas chaman a atención polos seus cantís de máis de 20 metros de altura. É un lugar frecuentado por turistas que viaxan en embarcacións para admirar as formacións rochosas e que se mergullan nos lagos e ríos locais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade