Portugal celebra os 50 anos da Revolución dos Caraveis
Actos por todo o país para conmemorar o medio século de democracia
O Grândola volveu soar en vilas e cidades
Coa xa emblemática interpretación do Grândola, vila morena comezaban os actos de conmemoración deste 25 de abril en que a revolución dos caraveis fai medio século de existencia.
Unha data para a lembranza institucional pero tamén para coñecer as impresións de quen viviron en primeira persoa aqueles días, que aínda lembran con emoción.
Tamén os portugueses que estaban emigrados polo mundo e, especialmente, os que servían daquela no exército e participaban nas guerras coloniais en África teñen claro, 50 anos despois, que o 25 de abril de 1974 supuxo un cambio radical na súa vida e na de todo o país.
Cincuenta anos despois, os máis vellos lembran a caída do réxime do Estado Novo e os máis novos aprenden o que supuxo aquela revolución pacífica.