Publicador de contidos

Publicador de contidos

O deputado conservador William Wragg acusa o Goberno de Johnson de "chantaxear" os disidentes

O deputado conservador William Wragg acusa o Goberno de Johnson de "chantaxear" os disidentes

Wragg pediulles que acudan á policía para denuncialo

O deputado conservador William Wragg
G24.gal 20/01/2022 12:51

O deputado conservador William Wragg, presidente dunha das comisións parlamentarias máis importantes do Parlamento británico, acusou este xoves o Goberno de Boris Johnson de "chantaxear e intimidar" os lexisladores tories disidentes e pediulles que acudan á policía para denuncialo.

Foi na apertura dunha sesión do comité de Administración Pública e Asuntos Constitucionais, que el preside, onde Wragg denunciou que "nos últimos días un número de membros do Parlamento sufriron presións e intimidación por parte de membros do Goberno polo seu desexo declarado ou suposto de (pedir) un voto de confianza sobre o liderado do primeiro ministro".

"As informacións das que dispoño parecen constituír chantaxe. A miña recomendación é que os colegas informen o presidente da Cámara dos Comúns e á comisaria da Policía Metropolitana", manifestou Wragg.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar