Juan Carlos Francisco, deputado do PSdeG no Parlamento, dimite por razóns persoais
O deputado autonómico socialista por Ourense, Juan Carlos Francisco, afín ao anterior secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, demite do seu cargo, dixo, por motivos persoais.
O líder dos socialistas galegos, Valentín Gonzléz Formoso, declinou explicar de momento o motivo da súa marcha.
Valentín González Formoso, secretario xeral do PSdeG-PSOE : "É un tema parlamentario que contestaremos no Parlamento dentro duns días. Eu persoalmente estarei no Parlamento e contestarei alí, na sede parlamentaria".
O aínda parlamentario recibiu numerosas mostras de agradecemento polo seu traballo desenvolvido nas ringleiras socialistas, entre elas, a do propio Caballero. Asegura que abandona por motivos persoais.
Juan Carlos Francisco Rivera, exdeputado do PSdeG-PSOE: "Nunca é un só motivo o que decanta este tipo... ao final, estou abandonando a vida institucional e a vida política pública. Basicamente, o detonante son cuestións persoais, familiares".
Di que seguirá na política pero non na primeira liña e reitera o seu compromiso co proxecto de Rodríguez Villarino na provincia de Ourense.