Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo xogará ante o Betis nas semifinais da Copa de Campións xuvenil

O Deportivo xogará ante o Betis nas semifinais da Copa de Campións xuvenil

O encontro disputarase en Ponferrada e, se pasa, a final será o domingo 1 contra o Real Madrid ou o Valencia

G24.gal 21/05/2025 13:50 Última actualización 21/05/2025 14:06

A Federación Española de Fútbol celebrou este mércores no castelo dos Templarios de Ponferrada o sorteo da final a catro da Copa de Campións xuvenil, que se celebrará entre o 28 de abril e o 1 de maio no Estadio do Toralín, en Ponferrada.

O Deportivo, flamante campión do grupo 1 nun emocionante duelo co Celta, que vén de golear o Tenerife en cuartos de final cun 8-1 global; enfrontarase en semifinais contra o Betis, campión do grupo 4, que na rolda previa apeou o As Palmas (1-3 na ida e 2-2 na volta).

O partido será o mércores 28 ou o xoves 29 (por confirmar); e, o que gañe, xogará a final o domingo 1 de xuño contra o vencedor do Real Madrid - Valencia.

Se a final fose Deportivo-Real Madrid, os coruñeses aseguran a clasificación para a UEFA Youth League pois os brancos xa teñen o billete sacado grazas ao seu primeiro equipo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade