Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo segue sen gañar e salva un punto ante o Valladolid no minuto 98

O Deportivo segue sen gañar e salva un punto ante o Valladolid no minuto 98

Yeremay igualou de penalti o gol de Latasa, tamén de penalti, para os pucelanos

G24.gal 26/10/2025 23:10

O Deportivo acumula cinco xornadas sen gañar logo de empatar en Riazor ante o Valladolid. Un a un foi o resultado dun partido no que cada equipo dominou unha parte. Na primeira, os pucelanos foron moi superiores e acumularon varias oportunidades, con xogadores como Marcos André ou Latasa, que probaron en varias accións a Germán Parreño. O xusto premio para os visitantes chegou logo dun penalti cometido por Dani Barcia a Marcos André. Latasa transformou a pena máxima no minuto 34.

Pero a historia cambiou por completo no segundo. O Deportivo volveu dos vestíarios decidido a revertir a situación, e máis aínda a partir do minuto 50, coa expulsión de Marcos André por dobre cartón amarelo. Desde ese intre, e coa entrada de futbolistas como Luismi Cruz ou Zakaria, os de Antonio Hidalgo buscaron incansablemente a portería contraria. Foron chegando as ocasións. Mulatieri tivo algunhas. E Miguel Loureiro e Noubi rozaron a igualada nunha oportuinidade inmellorable.

Parecía que o esforzo brancoazul non ía ter premio, pero no engadido, un agarrón a Zakaria dentro da área provocou a chamada desde o VAR. Logo da revisión, Palencia Caballero indicou o correspondente penalti que transformou Yeremay no minuto 98. Empate final en Riazor. O Deportivo queda na oitava posición con 17 puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos