O Celta acada a primeira vitoria en Liga
Un gol de Pablo Durán no 83 supón o triunfo ante o Osasuna no Sadar
Comezou sen intensidade o Celta e pagouno.
Con Manu Fernández, Aidoo e Marcos Alonso na liña defensiva; con Carreira e Ristic abrindo o campo e Damián e Moriba no miolo e Borja, Ferrán e Bryan na codia.
Nos primeiros 25 minutos, ante a falta de complicidade na saída de balón da defensa céltica, Osasuna era un reloxo adiantado que non paraba de poñer a proba a puntualidade de Radu. Víctor Muñoz, Moi Gómez, Budimir...cada cinco minutos unha oportunidade.
Tantos sinais horarios alertando do perigo co que chegan os vermellos ás inmediacións da portería de Radu, que poucos contaban con que na primeira vez que os dianterios celestes apuntaron as oce ía chegar a máis clara do Celta.
Ferrán Jutglá tira proveito dunha acción intelixente de Borja, comeza a carreira desde campo propio coa forza dun xabarín e remata a gol coa sutilñeza dun violinista. Na décima xornada recollía o froito, porque o traballo e calidade non estaba en cuestión, so a súa precisión.
Pero pouco tardou o Osasuna en remontar. Budimir empatou de penalti no 37. E volveu marcar no engadido do primeiro tempo.
No segundo, empatou Jutglá, tardou en marcar pero nunha tarde fixo dous. E Pablo Durán, no 87, marcou o gol da vitoria. O pase foi de Iago Aspas, o de Moaña decisivo no seu partido 535. Houbo que esperar dez xornadas pero chegou a primeira vitoria na Liga.