Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo remata os festexos do ascenso coa recepción en María Pita

O Deportivo remata os festexos do ascenso coa recepción en María Pita

Lucas prometeu desde o balcón do Concello que seguía no equipo para a vindeira temporada

G24.gal 26/05/2024 21:15

A celebración en María Pita fíxose o día despois de visitar outro dos lugares de culto do deportivismo, a fonte de Catro Camiños, escenario da segunda gran festa polo ascenso. A afección demostrou estar moi necesitada de alegrías despois do descenso a Segunda de 2018 e a Segunda B en 2020. 

Desde o balcón do Concello, Lucas Pérez, o xogador que baixou desde a Primeira División ata a terceira categoría para xogar no seu Deportivo, correspondeu ao desexo da xente que cantou aquilo de "Lucas quédate". "Eu quedo, tranquilos. Non vos preocupedes. O de Monelos queda, hai que subir a Primeira", chegou a prometer Lucas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade